Seleccionar Página

O Proxecto

Saberes con Sabor é unha iniciativa cultural e enogastronómica deseñada para recuperar, documentar e divulgar o patrimonio inmaterial dun dos itinerarios xacobeos máis singulares de Galicia: a Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla.

Trátase dun proxecto que afonda na memoria dos territorios a través da gastronomía, traéndoos ao presente coa celebración de mostras de cociña que terán como eixo vertebrador os produtos de proximidade, así como os procesos tradicionais e artesanais de produción e obtención de ditos produtos.

A través da memoria colectiva, os produtos de proximidade e os oficios tradicionais, o proxecto une pasado e presente para ofrecer unha experiencia enogastronómica inmersiva, sostible e aberta á cidadanía e aos visitantes.

 

O proxecto consta das seguintes fases:

Recuperación de fotografías históricas

Recollida participativa de fotografías históricas xunto ás comunidades locais

Exposición itinerante

As fotografías mostraranse nunha instalación móbil que percorrerá 5 Concellos da Ruta con fin de amosar a historia dos oficios do mar, do río e da terra

Mostras de cociña en directo

Demostracións culinarias conducidas polo chef Miguel Mosteiro xunto ao talento emerxente da cociña galega. Reinterpretarase o receitario tradicional empregando produtos locais con selos de calidade (DOP e IXP).

Recursos dixitais e libros accesible

Creación dunha web co acervo fotográfico histórico e libro electrónico con productos e receitas da Ruta.